Castellano Galego  
Firma nuestro libro de visitas  
Quienes Somos Servicios Contacto Enlaces

 

VOLKSWAGEN CABRIO (1974)

Coa data de nacemento anterior á segunda guerra mundial, o VW Escarabajo subsistiu perante máis de 30 anos en produción, conseguindo se-lo vehículo da historia con máis de 21 millóns de unidades vendidas en todo o mundo.Considerado polos amantes do motor coma un ‘clásico popular’ invitamos a acomodarvos neste fermoso Cabrio dos anos 70, carrozado por Karman e gozar ó aire libre dun paseo especial.

O cine encargouse de inmortalizalo e Walt Disney bautizouno de novo co nome de ‘Herbie’. Un deseño que fixo historia, a súa simpleza de liñas con certo aire retro e a súa facilidade para seducir as miradas que observábano, convertérono no único vehículo capaz de formar parte da unidade familiar e pasar dunha xeración a outra, namorando ós seus donos como a mascota fiel que nunca che abandona.

© Copyright Autolenlace S.L.| Aviso Legal | Powered by Anorakstudio