MÚSICA
Comentarvos que temos unha moi boa oferta musical tanto para igrexas, concellos… aperitivos… etc.
A nosa oferta concrétase en tres tipos de actuacións.
- Por unha banda contamos cun trío conformado por dous solistas e un organillo. Da súa calidade e a súa saber facer, nada se pode dicir, só ver o número de contratacións solicitadas ano tras ano, por iso si estades interesados non demoredes en facer a oportuna reserva para poder gozar destas voces de ilusión.
- Como novidade este ano e atendendo á variedade que nos caracteriza, tedes á vosa disposición un dúo de violín e violoncelo, que marabilla alí onde vai, si queredes algo distinto, con estilo e que faga do voso día de voda algo único…non o dubidedes!!!.
- En caso de querer incluír música no aperitivo, non haberá ningún problema, amenizámosvos cun repertorio cheo de cor e vida, onde o violín, violoncelo e a guitarra española fará do voso aperitivo algo máxico e entrañable no tempo.
En canto aos temas, poderedes elixir entre un gran repertorio, facilitándovos ademais aquelas melodías ou cancións que sexan do voso gusto.
Máis Promocións >> |