PORSCHE 912 (1966).
Se hai algún nome que combina exclusividade e deportividade, é PORSCHE.
En abril de 1965 preséntase á prensa mundial a testemuña do lendario porsche 356, denominado tecnicamente como 902, o 912 que o seu deseño atractivo, luminoso e as súas espectaculares liñas aerodinámicas consolídase como un aliado clave para a transición ao seu irmán maior o 911, mito da historia do automóbil.
Para recoñecer o exemplo que os presentamos, abonda botar unha mirada ó ángulo inferior dereito do capó traseiro e identificar un 9 un 1 e un 2 unidos, para darse de conta de que estamos ante un vehículo exclusivo do ano 1966, auténtica xoia de colección dotado de opinalos como teito solar eléctrico e cambio de cinco velocidades que o converten nunha das poucas unidades rexistradas no mundo como sunroof.
A súa escasa tonelada de peso, fano acadar unha velocidade máxima de 185 km/h propulsado coa fiabilidade dos motores porsche refrixerados por aire. Sentir o pracer da súa condución acompañado da música ‘celestial’ do seu motor, fan que a túa viaxe sexa unha experiencia inesquecible. |