Castellano Galego  
Firma nuestro libro de visitas  
Quienes Somos Servicios Contacto Enlaces

 

ROLLS ROYCE SILVER CLOUD I (1958).

Henry Royce: “ A calidade permanece longo tempo, pero o prezo esquécese”.
Se existe algunha palabra capaz de describir o Silver Cloud, é distinción. Os seis 5,4 m de largo fan del un sono, un sono real cheo de luxo i elegancia no que mergullarse e que agora está ó alcance de todos. Un deseño airoso cunha mestura perfecta, entre a sofisticación e o deportivo, define o que para moitos expertos é o mellor automóbil que fabricou a firma británica, de aí que todos os cualificativos que recibiu no seu nacemento podémolos resumir nun so: inigualable.

A elegancia nas súas liñas exteriores son continuación dun acabado interior inmellorable repleto de detalles combinando o deseño das súas formas con materiais nobres como o coiro, incrustacións de raíz de nogueira, cromados e un longo etc., que fan que viaxar nun Silver Cloud convértase nunha sensación inesquecible. Do que gozan sobre todo a realeza, dende a familia real británica ata a princesa Grace de Mónaco, tamén deportistas como Mohamed Alí, músicos como Elton John, John Lenon ou Frank Sinatra, escritores como Hemingway e actores como Cary Grant o Brigitte Bardot.

Esta lenda viva do automobilismo que estamos a ofrecervos data do ano 1958. Conta con transmisión automática, dirección asistida, aire acondicionado, etc...

© Copyright Autolenlace S.L.| Aviso Legal | Powered by Anorakstudio